Celebrouse o pasado fin de semana a fase final da Copa Deputación de Billar nas instalacions do Club de Billar Ourense que contaba para esta ocasión con sete mesas de billar habilitadas para a competición.O torneo comenzou as 12 da mañá e nel participaron un total de 46 xogadores de todos os clubs da provincia, destacando a participación dos xogadores de Carballiño, que fixeron un moi bo torneo, no que participaron xogadores de todalas idades, tanto masculino coma feminino.O campión foi por terceiro ano consecutivo o xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla que se impuxo na final a Jorge Mendez, tamén do mesmo club por un r
esultado de 6-2.
En canto o cadro feminino a mellor xogadora foi Ana Uceda tamen do Club de Billar Ourense que logrou luchar contra todas as suas rivais, demostrando o bo estado de forma que posue neste momento.
O gran triunfador desta tempada foi o Club de Billar Ourense que logrou meter nas semifinais a tres xogadores, logrando así os resultados esperados despois da labor levada a cabo.