IV TORNEO DE FÚTBOL SALA FEMININA
Asociación Deportiva Bosco (ADB) e a Comisión de Promoción Deportiva (sección de fútbol sala) da Asociación Xuvenil Amencer organizamos o 4º Torneo de fútbol sala feminino para o venres, 1 de maio de 2009 no pavillón do Colexio Salesiano de Ourense. Este será o cuarto ano consecutivo no que se organiza este torneo pensado para que as rapazas ás que lle guste o fútbol sala e non teñan a oportunidade de participar en ningunha liga ou competición poidan practicar este deporte polo menos unha vez ao ano.Haberá unha categoría única na que poderán participar todas aquelas rapazas maiores de 12 anos que estean interesadas. Os equipos poderán representar a unha entidade (colexio, instituto, asociación deportiva ou xuvenil...) ou non.