
Este domingo 16 de novembro terá lugar a 32 edición da Carreira Popular do San Martiño que levará aos atletas polo mesmo percorrido que as últimas edicións xa que é un circuito de 10 quilómetros homologado pola Federación Española de Atletismo.A saída dos adultos, que a dará a Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Marta Souto, será ás 11 da mañá e na proba dos menores o pistoletazo de saída o dará o triatleta galego Javier Gómez Noya, campión do mundo e da copa do mundo de triatlón este ano. A novidade deste ano é na carreira dos menores que a saída será no mesmo lugar que na dos adultos, e cun percorrido de 4,2 quilómetros na ponte do Milenio pasando pola rúa do Paseo, Curros Enríquez e polas ponte Nova e ponte Romana.

No hay comentarios:
Publicar un comentario