A I ANDAINA DA COMARCA DA LIMIA terá lugar o 24 de maio as 09:30h. e está organizada pola Asociación Cultural de Boado Tras as Xás. Co fin de dar a coñecer a comarca da Limia e disfrutar camiñando dunhas marabillosas vistas da Lagoa de Antela e visitar xoias da nosa arquitectura medieval (Mosteiro de Trandeiras, Torre de Pena..) e popular (casas, fontes, cruceiros...) de varias aldeas do Concello de Xinzo.
INSCRICIÓNS
do día 4 de ó 20 de maio (ambos inclusive). O importe será de 8 euros por persoa. Haberá un límite de 200 participantes. A forma de inscribirse será mediante o ingreso do importe reseñado na conta do Banco Galego 0046 0233 05 0000501510 cos datos de quen fai o ingreso, mediante reserva teléfonica no teléfono 678703192 ou no Bar Fentos de Xinzo de Limia na Rua San Roque.
SAIDA
Terá lugar as 09:30 da mañá dende o cruceiro do pobo de Boado. Os vehículos poderanse aparcar no campo de futbol. Haberá indicacións dende Xinzo e dende a saida da autovia. Será necesario presentarse as 9 horas para recoller o dorsal.
ROTEIRO
O percorrido ten unha lonxitude de 20 qm aproximadamente e ten unha dificultade media-baixa. Estará debidamente señalizado con sprai e cintas de color vermello.
1 comentario:
Fotos da I Andaina da Limia, realizada pola Asociacion Traslasxas de Boado, dispoñibles na sua paxina web: http://traslasxas.com/fotos/category/8-andaina09.html
Publicar un comentario