Xogos Náuticos Intercélticos do Espazo Atlántico que organizará Galicia no ano 2010
A zona sur de Galicia –con sedes en Castrelo de Miño, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Ribeira e Santiago de Compostela – acollerá esta edición dos xogos. Gales, a outra candidata, organizará os seguintes xogos.A candidatura de Galicia, foi a elixida en Porto (Portugal) polo Comité Internacional dos Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico para organizar os Xogos Náuticos no ano 2010. Gales, a outra candidata, organizará os Xogos do ano 2011.A proposta galega está baseada na existencia de varias sedes moi ben comunicadas. Desta forma, Vigo, Pontevedra, Nigrán, Castrelo de Miño, Ribeira e Santiago de Compostela serán as sedes dos XVI Xogos Náuticos, nos que terá unha gran importancia no aspecto cultural a celebración do Xacobeo. Asemade, as instalacións deportivas de Verducido e Castrelo de Miño serán protagonistas nas competicións de piragüismo e remo, respectivamente
No hay comentarios:
Publicar un comentario