XII Andaina de Allariz
50 quilómetros en 12 horas
Data: sábado, 30 de Maio de 2.009
Hora: 9:00 h
Lugar: Alameda de Allariz
Distancia: 50 km

Organiza: Concello de Allariz
Inscrición: do 13 ao 27 de Maio
Regulamento 1.- ORGANIZACIÓN A proba está organizada polo Concello de Allariz.2.-
INSCRICIÓN Poderá realizarse en:- Piscina Municipal de Allariz (R/ Vilanova, Allariz)Teléfono e fax: 988442083- Base: Redonet (Rúa Ervedelo, 21 - Ourense)Teléfono: 988222692 - Fax: 988225960-
Ou facendo o ingreso no número de conta corrente 2080-0211-60-0040000016 que o Concello ten na sucursal de Caixanova, na rúa Pepe Puga,13, de Allariz.
Para que a inscrición se faga efectiva deberase enviar por fax ou carta tanto o xustificante de ingreso como a ficha de datos.- As datas de inscrición serán do 13 ao 27 de maio- O número máximo de participantes é de 1000. No intre de alcanzar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións.- O prezo é 15 euros.-
Información: piscina@allariz.com e Tlf. 988 44 20 83
No hay comentarios:
Publicar un comentario